Un empresario de Santiago detido acusado de roubar millóns de máscaras no Polígono do Tambre

O subtraído nunha nave do Polígono do Tambre, valorado nuns cinco millóns de euros, foi vendido a unha empresa afincada en Portugal

|

A Xunta non publicou aínda o nome da compañía, pero o vicepresidente Alfonso Rueda visitará o almacén no Polígono do Trambre este luns


A Policía Autonómica ha detido a un empresario pola súa suposta implicación no roubo de case dous millóns de máscaras, entre outro material sanitario, nunha nave situada no Polígono do Tambre en Santiago de Compostela.


Máscaras



O operativo comezou tras recibir o aviso de que na nave podería haber unha "gran cantidade de máscaras do modelo FFP2, luvas cirúrxicas, pantalóns, uniformes sanitarios, caixas de primeiros auxilios e alcol", informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado.



UNHA EMPRESA EN CONCURSO DE ACREDORES

A empresa, que se dedica á venda de material sanitario, está actualmente en situación concursal, puntualizaron as mesmas fontes da Xunta. Así, ante este aviso, os axentes solicitaron a autorización do administrador concursal e accederon ao interior da nave, onde comprobaron que a mercadoría fora subtraída.

En concreto, las máscaras foron roubadas case en toda a súa totalidade, puntualizou Vicepresidencia, xa que quedaron unhas mil unidades. Todo o material roubado, para o que se estima un valor aproximado duns cinco millóns de euros, foi extraído das súas caixas e plásticos protectores co "obxectivo de ocultar a súa procedencia", puntualizaron as mesmas fontes.

MATERIAL "MOI NECESARIO"
Vicepresidencia ha detallados que "todo parece indicar que o roubo se produciu cando a pandemia do coronavirus xa estaba presente en varios países e era considerado un problema de saúde pública".

Por iso, os autores do roubo "eran plenamente conscientes de que este era un material moi necesario na loita contra a enfermidade e que xa empezaba a escasear no marcado", puntualizaron as mesmas fontes. De feito, fixéronse cos materiais "que máis demanda ten actualmente e deixaron outros que non están tan solicitados, como botas ou caixas de primeiros auxilios", apostilaron.

CÁMARAS DE SEGURIDADE
A partir dese momento comezou a investigación a través do exame de indicios, relataron as mesmas fontes, a comprobación das imaxes de cámaras de seguridade e a declaración de testemuñas.

Deste xeito, "toda a investigación apuntou a un empresario da cidade" que fora visto ao redor da nave e que, recentemente, mantivese supostamente unha reunión con cidadáns portugueses que, con posterioridade, accederon ao interior desta empresa, indicaron. A hipótese actual, subliñou Vicepresidencia, "é que, tras roubar o material sanitario, este foi vendido a unha empresa afincada en Portugal".



INVESTIGACIÓN EN PORTUGAL

Por iso, procedeuse á detención do empresario pola súa suposta participación nos feitos. Unha vez tomada declaración, foi posto a disposición xudicial.

Na actualidade proseguen as pescudas para localizar ao resto de autores e as persoas que recibiron o material en Portugal, polo que se solicitou a colaboración das forzas e corpos de seguridade do país veciño, destacou Vicepresidencia, que engadiu que se vai a informar de toda a operación á Delegación do Goberno.

Este luns, ás 11,00 horas está previsto que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visite a nave da empresa onde se produciu este roubo de material sanitario no Polígono do Tambre.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE