Un axente da Policía Nacional destinado en Ferrol é o primeiro falecido por coronavirus do corpo en Galicia
Esta é a primeira morte dun Policía Nacional en toda Galicia desde que comezou a pandemia. "Nosas máis sinceras condolencias e pésame á familia e amigos de José Luis Moreira García", trasladou o SUP á vez que lamentou o falecemento dun axente que "sempre será lembrado como gran persoa".Dentro da Policía Nacional, e segundo os datos de onte, hai 23 casos positivos nos persoais das comisarías galegas, ademais de máis de 60 axentes illados.
O Sindicato Unificado de Policía anunciou o falecemento de José Luis Moreira García, destinado en Ferrol.
O sindicato anunciou o deceso do axente en redes sociais e comunicouno como "a peor das noticias". Esta é a primeira morte dun Policía Nacional en toda Galicia desde que comezou a pandemia.
"Nosas máis sinceras condolencias e pésame á familia e amigos de José Luis Moreira García", trasladou o SUP á vez que lamentou o falecemento dun axente que "sempre será lembrado como gran persoa".
José Luis Moreira García tiña 64 anos, levaba moitos anos destinado en Ferrol e nos últimos estaba a realizar a segunda actividade, concretamente na sede dos xulgados de Ferrol, onde se gañou a admiración e o respecto de todos os profesionais que tamén traballaban neste edificio público.
Dentro da Policía Nacional, e segundo os datos de onte, hai 23 casos positivos nos persoais das comisarías galegas, ademais de máis de 60 axentes illados.
Escribe o teu comentario