De Madrid a Galicia violando o confinamento e co coche ata os topes
Hainos que non respectan nin o Estado de Alarma nin sequera as normas de seguridade máis básicas para circular de modo seguro
Unha muller foi interceptada no seu turismo por unha patrulla da Garda Civil mentres se dirixía a Galicia a través da A-6 co vehículo repleto de bolsas, equipaxe e todo tipo de obxectos, que chegaban a ocupar a totalidade do espazo do coche.
A patrulla formaba parte do dispositivo despregado para verificar o cumprimento das restricións durante o estado de alarma. Mentres se atopaban de vixilancia no quilómetro 507 (sentido Madrid), á altura da área de servizo de Outeiro de Rei en Lugo, da autovía A-6, os axentes detectaron a un coche que circulaba en dirección A Coruña e observaron que o turismo estaba cheo de bolsas que ocupaban case todo o interior.
Nese momento, a patrulla realizou un cambio de sentido para tentar interceptar ao vehículo, que localizaron á altura á altura do quilómetro 517 da citada vía.
NON CABÍA NADA MÁIS
Salvo o espazo reservado para a súa condutora, a única ocupante do coche, o interior do vehículo atopábase cheo de aveños, bolsas, mochilas, maletas e embalaxes que limitaban absolutamente a súa liberdade de movementos e o uso de espellos retrovisores.
A muller, que procedía do centro da península, tiña intención de desprazarse á costa galega, viaxe para o que adquirira o automóbil no que circulaba.
DÚAS DENUNCIAS
Os axentes procederon a efectuar denuncia por suposta infracción ao Regulamento Xeral de Circulación, e prestóuselle auxilio para realizar o transvasamento da carga a outro vehículo.
Doutra banda, tamén foi denunciada por incumprir as restricións á circulación establecidas durante o vixente estado de alarma.
Escribe o teu comentario