"DomusVi dispensa un trato inhumano aos anciáns enfermos de coronavirus por aforrarse uns euros", denuncian familiares

|

Unha empresa  que "presume de gañar 800 millóns ao ano" non está a contratar máis persoal para as súas residencias de maiores, a pesar de ser a "zona cero" do coronavirus en Galicia. Esta é unha das protestas que lanza REDE, a Federación Galega de Usuarios de Familias da Dependencia e Residencias ao fío da crise en  DomusVi Barreiro e DomusVi Cangas. A esta última residencia acudiu a Policía Local para animar aos anciáns e traballadores cun emocionante xesto (vídeo). 



Policu00edas de Cangas poñen Resistiru00e9 durante a crise do coronavirus na residencia DomusVi de Aldu00e1n

Policías de Cangas poñen Resistirei durante a crise do coronavirus na residencia DomusVi de Aldán 


As dúas residencias intervidas pola Xunta ata o de agora son da multinacional francesa. DomusVi Cangas de Aldán e DomusVi Barreiro en Vigo.


ELEVADÍSISMOS PORCENTAXES DE CONTAGIOS

Segundo datos do xoves da Federación, na de Cangas  hai máis de 100 contaxiados  e en Vigo 72. Entre os traballadores, 17 contagios en Aldán e 11 en Barreiro. Falecidos: 7 na do Morrazo e 6 na da cidade olívica.


En moitas outras residencias galegas hai contagios. Con todo, non en tal proporción. En DomusVi Cangas a porcentaxe de infectados rolda o 75%. En DomusVi Barreiro o 50%, aproximadamente. A crise do coronavirus tivo un dos seus primeiros epicentros en Galicia en DomusVi Santiago, onde hai sete falecidos.


TRABALLADORAS QUÉIXANSE DUNHA "GUERRA" CONTRA DOMUSVI

DomusVi, consultada este venres por Galiciapress, evita comentar os problemas. Por agora, a empresa o único que dixo é que aposta porque a Administración faga probas a todos os residentes. Fuentes oficiais indican que é a Xunta quen se debe pronunciar sobre este aspecto.


Un grupo de traballadoras quéixase hoxe en Faro de Vigo de que se lles está tratando como "apestadas" pola opinión pública e denuncian que hai unha "guerra contra a empresa", en palabras da auxiliar María Molares. As empregadas recoñecen estar "desbordadas" pero insisten en que están a ser "extremadamente coidadosas" e que se están desviviendo polos anciáns. "Non somos os culpables", insisten.


AS PROTESTAS POLA FALTA DE MEDIOS VEÑEN DE ANTES DO CORONAVIRUS

Hai uns meses, un grupo de traballadoras lanzou unha campaña para denunciar falta de medios e condicións similares ao "esclavismo" en DomusVi na provincia de Pontevedra. Tamén familiares de DomusVi Santiago protestaron polo suposto empeoramento da xestión tras a entrada da multiancional. A firma negou tales acusacións e lembrou que nunca fora sancionada pola Xunta.   


Falta de medios que tamén denuncian desde REDE. "As residencias de Aldán e Cangas convertéronse na zona cero da pandemia en Galicia froito de aforro en persoal e da mala xestión". Segundo os seus datos, nas residencias só hai "dous auxiliares para dar de cea nas súas habitacións a 150 residentes".


O testemuño dunha das enfermeiras enviadas de urxencia pola Xunta a Aldán ratifica esta falta de medios. A sanitaria cualificó a situación en DomusVi Cangas como "unha puta tolemia, morrerá moita xente porque as cousas están moi mal e o único que fan é tapalo"


Pola súa banda, a Xunta non se pronunciou sobre a suposta falta de medios. Hoxe comparece a conselleira de Política Social ante a Deputación Permanente do Parlamento. O Goberno empezou a trasladar aos que deron negativo a outra residencia en Nigrán.


PIDEN A DOMUSVI QUE CONTRATE PSICÓLOGOS PARA DAR INFORMACIÓN

A falta de información é outra das queixas dos familiares. REDE asegura recibir cada día "ducias de chamadas de familiares" que buscan pescudar que lle pasa aos seus seres queridos pese ao "bloqueo informativo".  


Fronte a isto, propoñen que a multinacional invista en máis persoal, por exemplo en contratar psicólogos que proporcionen información regularmente aos angustiados familiares.


" DomusVi alega  que o persoal está desbordado e non pode facer chamadas, que as súas liñas están colapsadas, ( crémosnolo/crémonolo xa que a pesar da que está a caer seguen sen contratar persoal ) propoñémosnoslle/propoñémonoslle unha solución fácil, que esa empresa que presume de gañar 800 millóns ao ano, faga unha chamada a unha compañía telefónica e mañá ten en cada residencia montada unha central para atender a familiares, a o  mesmo tempo existen parados, o  ideal serían psicólogos, para atender esa central e transmitir a información que puntualmente pode ir

achegando o equipo anitario cada 5 horas", argumentan.


A conclusión que sacan ante a falta de contratacións é que "é inhumano o trato que esta empresa dispensa as suas victimas por aforrar uns euros".


A POLICIÍA LOCAL ENTREGA MATERIAL E PON "RESISTIRÉ"

O drama en Domus Vin Aldán desatou mostras de solidariedade. Veciños entregaron material sanitario -algún realizado por eles mesmos- á residencia a través da Policía Local.


Os axentes da Policía Local tamén trataron de axudar psicoloxicamente. Así, acudiron ás portas do edificio para facer soar coma unha bala música. "Resistiré, para seguir viviendo", brama a canción:













Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress