Os positivos en Ourense dispáranse con máis dun centenar de novos casos e Vigo supera o milleiro de positivos


A área sanitaria de Ourense rexistra 101 novos casos nas últimas 24 horas, segundo os datos facilitados polo SERGAS. É o salto máis grande da enfermidade nesa área desde que se toman rexistros do coronavirus. No resto de áreas, en cambio, a tendencia apunta á estabilidade ou mesmo á remisión.


|

A área sanitaria de Ourense rexistra 101 novos casos nas últimas 24 horas, segundo os datos facilitados polo SERGAS. É o salto máis grande da enfermidade nesa área desde que se toman rexistros do coronavirus. No resto de áreas, en cambio, a tendencia apunta á estabilidade ou mesmo á remisión, a pesar dos 1.018 casos confirmados en Vigo.



Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo.


Preocupa o repunte repentino dos casos en Ourense. A área sanitaria viña rexistrando desde hai días un paulatino descenso, con dúas xornadas seguidas en caída. Con todo, dos 39 casos do mércores pasamos a máis dun centenar de casos en apenas 24 horas.


Lugo, en cambio, segue cun indice alto de positivos, pero esta xornada non superou o seu récord, como nas dous anterior. O martes, con 82 novos casos, superou a súa propia marca, que volveu a pasar onte, con 85 positivos máis. Este xoves a área da cidade amurallada suma 64 casos, 21 menos que o día anterior. 


CASOS CONFIRMADOS  POR ÁREAS SANITARIAS

Segundo reflicten as cifras do SERGAS, o número de casos de coronavirus en Galicia


ascende a 4.379. Por áreas, 954 pertencen á área de A Coruña, 520 a Lugo, 660 a Ourense, 393 a Pontevedra, 1.018 a Vigo, 591 a Santiago e 243 a Ferrol.


Aínda que Vigo supera o milleiro de contaxiados, o ascenso de casos é de pouco máis de 60, mentres que no resto de áreas asistimos a unha baixada gradual (destacar Pontevedra, con catro xornadas seguidas baixando) ou a unha estabilidade en canto a contagios, como na Coruña e Santiago. 




Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (4)


 

Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (2)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE