O Concello de Ourense e Viaqua acordan asegurar a subministración de auga aos veciños durante a corentena
O goberno local e a empresa, encargada da xestión do servizo municipal de auga, acordaron non facer reclamacións polo pago do recibo durante a corentena. A medida está motivada polo estado de alarma e será extensible durante o tempo que dure o mesmo.

A medida foi anunciada por Miguel Caride, conselleiro de Infraestruturas e portavoz do goberno auriense. “Non se producirá ningún corte na subministración de auga durante este período”, aseguran desde o consello.
A medida busca axudar a todas esas persoas que se atopan vulnerables pola crise sanitaria, económica e social derivada da expansión do coronavirus. “Desde que se produciu a emerxencia sanitaria ampliouse esta medida a todos os usuarios, paralizando calquera acción de reclamación de débeda ou de cortes de subministración”, afirman no comunicado.
Caride sostén que o obxectivo final é “garantir que un ben básico como é a auga chegue a todos os fogares, sobre todo nun momento en que a hixiene é unha acción indispensable para previr o contaxio do coronavirus”.
Escribe o teu comentario