​Primeiras sentenzas que obrigan ás empresas de seguridade privada a dotar de EPIs aos vixiantes tras denuncias sindicais

Desde o sindicato reclaman máis medidas de seguridade para os encargados da seguridade de lugar como hospitais, supermercados ou aeroportos, que en moitos casos aínda seguen sen dispoñer de medios de protección contra o coronavirus. 


|

Desde o sindicato reclaman máis medidas de seguridade para os encargados da seguridade de lugares como hospitais, supermercados ou aeroportos, que en moitos casos aínda seguen sen dispoñer de medios de protección contra o coronavirus.


Doutra banda, os traballadores do sector son considerados como un colectivo “con baixa probabilidade de risco” ante o Covid-19, polo que desde Esquerda Unida comprometéronse para levar ante o Goberno a reclamación dos vixiantes para ser considerados “persoal de risco”.


Seguridade renfe

FTSP-USO denuncia que empresas de seguridade non dispoñen de material protector | Foto: USO


Os traballadores da seguridade privada seguen enfrontándose ao coronavirus sen os medios adecuados para facer fronte á enfermidade. Así o denunciou Federación de Traballadores de Seguridade Privada da USO, que leva denunciando desde o inicio desta crise sanitaria, económica e social a desprotección que viven os vixiantes de seguridade debido a que “a gran maioría das empresas de seguridade privada” non adoptaron as medidas de protección necesarias “para evitar o posible contaxio e propagación” da enfermidade.


Desde o sector denuncian que se atopan en “primeira liña de defensa” contra o coronavirus e que viven esta crise “sen ningún tipo de medio de protección na maioría dos servizos, desenvolvendo as nosas funcións nunhas condicións que baixo ningún concepto ningún traballador debería realizar”. “Non é que haxa escaseza de medios, é que non hai ningún medio e os que poden dispoñer dalgún é porque o cliente deullos ou porque llo pagaron do seu propio peto”, critican.


O sindicato advirte que fixeron “diversos e reiterados requirimentos” ás empresas para que tomen as medidas oportunas. “O noso Colectivo presta os seus servizos en portos e aeroportos, hospitais, centros de saúde, almacéns, supermercados…estando en primeira liña en todos eles, onde ademais das funcións que nos son propias, debemos velar que os usuarios cumpran as normas de prevención impostas e que non son de aplicación aos traballadores do sector da seguridade privada que as tentamos facer cumprir”, sinalan, antes de denunciar a situación “precaria e perigosa” na que se atopa o colectivo.


ESQUERDA UNIDA RECOLLE A LUVA

Nese sentido, en Galicia e desde Esquerda Unida atenderon a demanda do sector, considerado como un colectivo de “baixa probabilidade de risco” segundo o aprobado en materia de prevención e riscos laborais para facer fronte á situación de contaxio do coronavirus.


“O colectivo de vixiantes de seguridade desempeña funcións en lugares moi diferentes con riscos tamén diferentes de seguridade”, subliña desde EU, que se comprometen a trasladar a petición do sector “ao Goberno” para solicitar que os vixiantes de seguridade pasen a pertencer “ao nivel máis alto de protección, que en aras de protexer a saúde das traballadoras e traballadores, asegure a obrigatoriedade da utilización de  EPI e pasar a ser considerados ‘persoal de risco’ minimizando deste xeito as posibilidades de contaxio”.


PRIMEIRAS SENTENZAS FAVORABLES

Esta situación de desprotección xa trouxo consigo as primeiras sancións, como a que sufriu recentemente a empresa Eulen Seguridade, amoestada polo Xulgado do social Nº 7 de Las Palmas de Gran Canaria para que a compañía adopte medidas cautelarísimas debido a que os vixiantes de seguridade non contaban con medidas de protección adecuadas para o correcto desempeño das súas funcións. Eulen deberá dotar de EPIs adecuados aos seus empregados, ademais de dispós de máscaras homologadas, xel desinfectante e luvas de vinilo, despois da denuncia da Federación de Traballadores de Seguridade Privada da USO.




A denuncia, como noutros moitos casos, estaba motivada pola situación dos vixiantes, “expostos a ser contaxiados do coronavirus”. Especialmente os encargados da seguridade dos hospitais, que durante as súas quendas “deben acceder a lugares do hospital onde existe un algo risco de contaxio, así como ter intervencións na que o contacto físico cos pacientes ou familiares é inevitable”.


Nesa liña, o Secretario Xeral da FTSP-USO, Basilio Alberto Febles, explica que desde o sindicato son conscientes das dificultades para dispoñer deste material en momento de crise como este, polo que piden á dirección dos hospitais que tenten facilitar aos membros da seguridade os EPIs e non os deixen “expostos en primeira liña de contacto”.




Doutra banda, desde o sindicato quixeron trasladar o seu agradecemento a “todas as mostras de agarimo e agradecementos que se realizan cara ao colectivo de persoas que integran o Sector da Seguridade Privada a nivel nacional”. Recoñecemento que sempre é ben recibido, máis teniendo en cuenta nas condicións que temos que desenvolver o noso traballo, esencial para a sociedade”, recalcan desde FTSP-USO. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE