Sánchez manda a casa a todos os traballadores "non esenciais"

"Todos os traballadores de actividades non esenciais deberán quedarse na casa, como o fan a fin de semana", asegurou


|

"Todos os traballadores de actividades non esenciais deberán quedarse na casa, como o fan a fin de semana", asegurou Pedro Sánchez.


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez



O presidente do Goberno explicou que os traballadores seguirán cobrando os seus salarios, e unha vez que termine a emerxencia sanitaria "os traballadores recuperasen as horas de traballo non prestadas de forma paulatina", afirmou Sánchez. 


"Aprobaremos un permiso retribuído recuperable mañá nun Consello de Ministros extraordinario que se aplicará a todos os traballadores de todas as actividades non esenciais de modo que non terán que desprazarse aos seus centros de traballo desde o luns 30 de marzo ata o xoves nove de abril", sinalou o presidente. 


"Esta medida reducirá máis a mobilidade das persoas, diminuirá o risco de contaxio e permitiranos desconxestionar as UCIs nos nosos hospitais". 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE