Adecco e Randstand suspenden contratos en Faurecia, Magna ou Aludec de modo "ilegal", alerta CCOO

O sindicato CC.OO. interpuxo unha segunda denuncia contra unha Empresa de Traballo Temporal, neste caso Randstad, ante a Inspección de Traballo de Vigo, tras constatar que, debido á onda de ERTEs que afectan á industria derivados da crise do coronavirus, esta ETT suspendeu decenas de contratos de traballadores, fundamentalmente, do sector da automoción.

|

Estes traballadores a través de ETTs quedan sen dereito a acollerse aos ERTES polo que non poderán cobran o paro, denuncia o sindicato


O sindicato CC.OO. interpuxo unha segunda denuncia contra unha Empresa de Traballo Temporal, neste caso Randstad, ante a Inspección de Traballo de Vigo, tras constatar que, debido á onda de ERTEs que afectan á industria derivados da crise do coronavirus, esta ETT suspendeu decenas de contratos de traballadores, fundamentalmente, do sector da automoción.



Recurso de Magna

O xigante Magna comprou a viguesa Viza Automoción en 2018  



TRABALLADORES Á RÚA SEN VER UN DURO

Segundo trasladou CC.OO. Industria, do mesmo xeito que xa fixera Adecco, Randstad acolleuse a unha "cláusula abusiva" e "ilegal" para suspender os contratos de operarios que prestaban servizo en empresas como Faurecia, Magna ou Aludec.

Deste xeito, lembrou o sindicato, eses traballadores quedan "sen emprego, sen soldo e sen dereito a paro", "abandonados sen cobertura de ningún tipo", xa que o contrato queda en suspenso pero seguen vinculados á ETT. Ademais, este colectivo tampouco pode acollerse aos ERTE das respectivas empresas.


É LEGAL?

CC.OO. insistiu en que esta práctica das ETT supón un "intento de destrución de postos de traballo, camufladoen un armazón de cláusulas e diferentes combinacións de leis e convenios, que puidesen parecer legais" pero que incumpren a lei 14/1994 pola que se regulan as ETTs e Real Decreto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-1.


Segundo estudos elaborados por esta central, en Galicia hai máis de 15.500 traballadores de ETT, dos que máis de 4.500 están na provincia de Pontevedra (a metade na automoción).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE