A gráfica de novos casos de coronavirus en Galicia dá indicios de estabilizarse

Dentro do duro da situación, non son de todo malos os datos de hoxe para Galicia.Son 262 novos casos respecto a a xornada anterior. Con todo, é a terceira xornada seguida na que Galicia non bate a súa rércod de novos casos, o que permite albergar a esperanza de que a aceleración empece a descender nas próximas xornadas, como prevé a Xunta.


|

Dentro do duro da situación, non son de todo malos os datos de hoxe para Galicia. 262 novos casos respecto a a xornada anterior. 


Con todo, é a terceira xornada seguida na que Galicia non bate o seu récord de novos casos, o que permite albergar a esperanza de que a aceleración empece a descender nas próximas xornadas, como estima a Xunta.





Outro indicio de que o ritmo da infección pode quedar pronto estabilizado é que o aumento relativo leva xa bastantes xornadas sen dispararse. Nos dous últimos días o crecemento da epidemia foi do 17 e do 16 por cento, cifras menores que as anteriores xornadas:





Hai 1.915 casos confirmados segundo o Ministerio de Sanidade en Galicia , que inclúe pacientes dados de alta e falecidos. Os datos desagregados que ofrece a Xunta son de 1.832 infectados, 234 máis que este mércores, 36 falecidos e 47 pacientes recibiron o alta.





A nivel estatal, España supera os 56.000 casos. Deles, uns 17.000 están en Madrid. 





A gráfica de novos casos en España segue crecendo, aínda que sen a acelración brutal de pasadas xornadas:





Ademais de Madrid, a outra comunidade que acumula máis casos con diferenza é Cataluña.  En total, en España confirmou 56.188 casos de coronavirus ás 11:30h do 26 de marzo.  


Os datos oficiais de Sanidade Pública tamén indican que a incidencia acumulada de Galicia, case do 70, segue crecendo, pero a menor ritmo que a estatal, que é de 113. Madrid, Castela A Mancha, Castela León, Navarra, Cataluña e o País Vasco son as autonomías peor paradas neste indicador, que mide os positivos por cada 100.000 persoas os últimos 14 días.


A boa noticia é que a epidemia en Italia parece estabilizada. Son xa cinco días sen bater o récord de novos casos:




Onde a pandemia parece que vai dispararse é en Estados Unidos. Os norteamericanos pronto superarán os positivos trasalpinos e poida que mesmo os de China:





RObbg evoluci n de positivos de coronavirus en galicia nbsp (1)



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE