Vigo supera á Coruña como área sanitaria con máis coronavirus, revela a gráfica do COVID-19 en Galicia

Con todo, en Vigo produciuse un maior ascenso nos últimos días.Pola contra, a epidemia parece ir moito máis atrasada na área sanitaria de Ferrol.


|

A Coruña deixa de ser por vez primeira a área máis afectada, debido a que Vigo sofre un aumento de 84 casos nunha soa xornada.


Pola contra, a epidemia parece que acelera moito menos nas áreas sanitarias de Lugo e Ferrol. 


Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo.





POSITIVOS POR ÁREAS SANITARIAS


Do total de casos, 389 corresponden á área da Coruña; 99 á de Lugo; 186 á de Ourense; 202 á de Pontevedra; 396 á de Vigo; 288 á de Santiago e 38 á de Ferrol.





Dos pacientes con positivo en Galicia, 69 permanecen en UCI, 409 en unidades de hospitalización e 1.120 atópanse no seu domicilio, concretou Sanidade.

Ata a data na Comunidade galega rexistráronse 25 altas de pacientes e realizáronse 7.936 test para detectar coronavirus en Galicia. 


As estatísticas da Xunta contan casos activos, sen contar falecidos nin casos dados de alta, ao contrario que os datos do Ministerio.


Ksn5H casos de coronavirus por reas sanitarias de galicia (2)






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE