O Hospital do Barbanza xa fai probas de coronavirus desde o coche e o SERGAS promete que pronto as farán os de Burela, Monforte e Valdeorras
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) pon en marcha o sistema para realizar as probas do coronavirus aos pacientes desde os seus propios vehículos sen que teñan que baixarse dos mesmos nos hospitais comarcais de Barbanza, Burela, Monforte e Valdeorras.
Este servizo, que non está dispoñible en todas as autonomías, permite á Sanidade Pública aforrar nos necesitados equipos de protección individual para sanitarios
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) pon en marcha o sistema para realizar as probas do coronavirus aos pacientes desde os seus propios vehículos sen que teñan que baixarse dos mesmos nos hospitais comarcais de Barbanza, Burela, Monforte e Valdeorras.
O CHUO de Ourense foi dos primeiros en poñer en marcha as probas desde o coche
Así o informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que lembra que este sistema funciona xa nos hospitais de Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Santiago e Ferrol.
CASE MIL PROBAS DESDE O COCHE
En total, en todos os puntos habilitados desde o inicio desta medida a pasada semana na Comunidade galega realizáronse 955 probas a pacientes desde os seus vehículos.Sanidade indica que o Hospital do Barbanza xa ten este luns operativo un punto fixo de toma de mostras para recoller desde os vehículos; mentres que nos da Mariña e Monforte empezará "proximamente" e o Hospital do Barco de Valdeorras iniciará a recollida de mostras desde o coche a partir deste martes.
Así mesmo, o Sergas subliñou que "planifica a ampliación deste servizo en próximos días" aos hospitais comarcais de Verín e O Salnés "en función da demanda", puntualizou.
SÓ CON CITA PREVIA
Con todo, lembra que esta proba mediante este sistema "só se lle realizará ás persoas que teñan prescrición facultativa e cita previa". Sanidade incide en que, con esta medida, "trátase de complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio" que, matizaron as mesmas fontes, incrementou a súa demanda nos últimos días.Sanidade destaca que o novo sistema "permite axilizar tempos" xa que posibilita que os cidadáns "se despracen en coche ao hospital" e, ademais, "diminúe a utilización dos equipos de protección individual (EPI)" porque, puntualiza, "mentres que cada visita a domicilio supón un cambio de EPI, os profesionais van utilizar un só equipo por quenda de traballo, sen necesidade de cambiarse con cada paciente".
Escribe o teu comentario