Sorprendido con 40.000 luvas un almacén de Vigo

(((Atención abonados: ampliamos a información para incluír unha fotografía facilitada pola Policía Local de Vigo. Desculpen as molestias. Moitas grazas)))

|

Polo visto, algúns non perden a oportunidade de facer diñeiro en pleno Estado de Alarma. O Goberno hai días que reclamou todo o material almacenado que se poida usar para o coronavirus.


A Policía Local de Vigo ha requisado unha partida de 40.000 pares de luvas de vitrilo nun almacén dunha empresa de limpeza da cidade, que xa os tiña comprometidos para a súa venda e que incumpría a obrigación de poñelos ao dispor das autoridades sanitarias, no marco do actual estado de alarma decretado polo Goberno de España.


A Policía Local de Vigo requisa unha partida de luvas de vitrilo nun almacén dunha empresa, que comprometera a súa venda, en lugar de poñelos ao dispor das autoridades, durante o estado de alarma decretado polo coronavirus.

TOMANDO O SOL EN PLENO ESTADO DE ALERTA
Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 13,30 horas deste mércores, cando unha dotación que patrullaba pola rúa Alonso Ojeda, no barrio de Teis, estaba a identificar a un viandante que tomaba o sol sen atender aos requirimentos de confinamento domiciliario.

Neses momentos, os axentes decatáronse de que unha furgoneta estaba nun almacén próximo, cunhas caixas de luvas á beira. Así, ao achegarse puideron comprobar que se trataba dunha partida de 40.000 pares de luvas de vitrilo, e que estaban comprometidos para a súa venda.

PRECINTADAS PARA QUE As TOME SANIDADE
Ao entrevistarse co responsable do almacén, este recoñeceu que non notificara ás autoridades sanitarias a adquisición dese material. Por iso, a Policía inmobilizou as caixas e deixounas precintadas dentro do propio almacén, á vez que informou a persoal de Sanidade para que se traslade ao lugar para recollelas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE