Farto de estar confinado coa súa nai, vigués pide á Policía que o deteña e finxe ter o coronavirus

Tramitan novas sancións por incumprir o confinamento, entre elas a un septuaxenario que tentou contratar a unha prostituta

|

A actual crise é moi seria, pero tamén dá lugar a situacións, canto menos, curiosas. O vivido na Policía Local de Vigo parece propio do guión de Amenece que non é pouco ou dunha película de Berlanga


Un veciño de Vigo de 44 anos de idade, J.J.L.G., presentouse ante a Xefatura da Policía Local e solicitou aos axentes que o detivesen porque, segundo expuxo, estaba "farto de estar na casa coa súa nai", polo confinamento decretado no marco do estado de alarma.


Comisaría da Policía Local en Vigo nunha imaxe da CRTVG


Segundo confirmaron fontes policiais, este home presentouse ante a garita da Policía sobre as 18,30 horas deste martes, e pediu ser detido mentres aseguraba que era portador do Covid-19.



A Policía solicitou unha ambulancia e, tras explorar ao home, o persoal médico explicoulle que non presentaba sintomatoloxía compatible coa infección por coronavirus e recomendoulle que volvese ao seu domicilio.

Con todo, dúas horas máis tarde, o home volveu a dependencias policiais e novamente pediu ser detido. Nesa ocasión argumentou que estaba "indignado" por ter que permanecer en confinamento domiciliario e que estaba "farto de estar na casa coa súa nai".

DENUNCIAS POR INCUMPRIR O DECRETO DE ESTADO DE ALARMA
Por outra banda, a Policía tramitou nas últimas horas varias denuncias contra cidadáns que incumpriron a obrigación de permanecer nas súas casas ou desprazarse só en casos xustificados, en cumprimento do Real Decreto sobre o estado de alarma.

Este martes tramitouse denuncia contra un cidadán que, sobre as 10,20 horas, foi identificado na rúa Urzáiz cando se dispoñía a ofrecer un espectáculo rueiro. O home, D.F.C:, de 47 anos de idade, colocara un taburete, micrófono, altofalante, guitarra e unha manta para vender CDs.

Minutos despois, e na mesma zona, foron identificados para sanción outros dous homes, de 56 e 45 anos de idade, que estaban a exercer a venda ambulante.


CON 74 ANOS E VAISE DE PROSTITUTAS EN PLENA RÚA

Na tarde do martes tamén se tramitou denuncia contra un vigués de 74 anos de idade, J.R.C., que foi sorprendido na rúa Felipe Prósperi, cando negociaba os servizos cunha prostituta na vía pública.

Todas estas denuncias súmanse a outra realizada tamén o martes pola Policía Local, que identificou á dona e a catro clientes dun bar da Avenida de Hispanidade, que estaban "a tomar viños" no local, infrifiendo o Real Decreto do estado de alarma.

COMENDO NUN LOCAL POR UNHA AVARÍA
Por outra banda, a Policía Local tamén acudiu este martes pola tarde a un establecemento hostaleiro no que, segundo denunciaron algúns veciños, había actividade e xente na súa interior, na zona de Casabranca.

Cando chegou a Policía comprobou que, efectivamente, dentro do local había cinco persoas comendo nese momento. La titular do negocio explicou aos axentes que todos conviven na mesma vivenda, e que tiveran que comer no establecemento debido a unha avaría na cociña do seu domicilio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE