O cuarto galego morto con coronavirus era de Cedeira e familiar dun usuario de ASPRONAGA
O home de 72 anos falecido no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) con coronavirus, e que tiña patoloxías previas, residía na Coruña, pero era natural de Cedeira.
O falecido tiña 72 anos, traballara en banca e vivía na Coruña, pero tiña as súas raíces en Ortegal
FAMILIAR DUN USUARIO DE ASPRONAGA
Tanto nesta localidade, como en Cariño, localidade da que era a súa muller, xa falecida, e na que adoitaba veranear, acolleuse con consternación o seu falecemento.O home era jubilado do sector bancario e tiña un familiar usuario das instalacións da Asociación Prol Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga), onde se detectou un primeiro positivo a pasada semana no centro de día e laboral de Lamastelle en Oleiros (A Coruña).
Tras coñecerse a noticia do seu falecemento, foron numerosas as mostras de condolencia efecutadas a través das redes sociais.
Escribe o teu comentario