A ORA de Vigo "fai caixa" multando a veciños que confinados polo coronavirus (vídeo)
Filmado desde o balcón, apréciase perfectamente como o vixiante do XER multa e fotografa vehículos a pesar das queixas da veciña desde o balcón.
Ten sentido que os vixiantes da Ordenanza Reguladora de Aparcamento (ORA) poñan sancións aos coches que exceden o tempo en zona azul cando os seus donos están confinados? Son varias as urbes galegas que suspenderon a cobranza da ORA e as multas. Non sucede así en Vigo, como proba este vídeo.
Filmado desde o balcón, apréciase perfectamente como o vixiante do XER multa e fotografa vehículos a pesar das queixas da veciña desde o balcón.
O traballador encóllese de ombreiros porque no fondo, como recoñece a veciña, non é a súa culpa. De feito, o colectivo de vixiantes está en contra de seguir controlando o aparcamento. O sindicato UXT na concesionaria Donier denunciou que "non entendemos como se pode poñer en perigo de contaxio a traballadores, usuarios e ás súas respectivas familias".
Tanto desde a Marea de Vigo como desde o PP reclamáronse ao edil do PSOE Abel Caballero que suspenda a zona azul.
Escribe o teu comentario