Coronavirus: a gráfica mostra que o número de novos casos en Galica segue sen dispararse
En Galicia, segundo datos facilitados este mediodía por Saúde Pública hai 292 casos confirmados. Na curva da epidemia non se mostran indicios de que o crecemento sexa máis lento, pero tampouco máis rápido.
En Galicia, segundo datos facilitados este mediodía por Saúde Pública hai 292 casos confirmados. Na curva da epidemia non se mostran indicios de que o crecemento sexa máis lento, pero tampouco máis rápido.
De feito os novos positivos son menos hoxe que onte, 56 fronte a 47, aínda que isto podería cambiar coa actualización dos datos nas próximas. A Xunta fala pola súa banda de 285 casos este mércores.
POR QUE NON COINCIDEN As CIFRAS DA XUNTA E DO MINISTERIO?
A leve diferenza entre os datos dunha e outra administración pode deberse a que o Ministerio contabiliza todos os casos, a Xunta poida que exclúa aos 3 falecidos en Galicia e aos poucos xa recuperados.
ESPAÑA SUPERA A COREA DO SUR
Mentres en Galicia o número de casos novos parece relativamente estabilizado, dispárase no resto de España.
Nun só día o aumento foi tal que fai que España supere a Corea do Sur. Este martes eran case 500 os falecidos pola enfermidade, ao maioría na Comunidad de Madrid, a máis afectada pola crise sanitaria.
En só un día rexistráronse case 2.000 contagios da enfermidade en todo o Estado. La curva da epidemia en Madrid segue crecendo, pero non a maior ritmo que os últimos días.
Con todo, a análise destes datos corresponde aos expertos en epidemias. Moitos dos cales indican que xa non hai que seguir tanto o caso de novos positivos, ante a evidencia de que os servizos de saúde non están a facer a proba a todos os potenciais casos.
No seu lugar, chaman a prestar máis atención aos datos de ingresados en hospitais con coronavirus, número de ingresados en UCI e mortos; pois son cifras onde, en teoría, escápanse menos casos. Galiciapress incorporará cifras sobre estes casos nas próximas análises.
Escribe o teu comentario