Positivo por coronavirus a esposa do presidente Pedro Sánchez

|

Tanto Begoña Gómez,  como o presidente Pedro Sánchez atópanse ben, ambos seguen na residencia oficial e seguen en todo momento as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias.


Begoña gomez pedro sánchez



As probas diagnósticas realizadas esta semana aos membros do goberno e aos colaboradores máis próximos do presidente confirmaron ademais os positivos das ministras de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, e de Igualdade, Irene Montero. Ambas se atopan no seu domicilio e o seu estado de saúde é bo.


A pesar de atoparse en corentena polo positivo da súa parella, Irene Montero, o vicepresidente Pablo Iglesias participou presencialmente no consello de ministros deste sábado, algo que xerou un malestar no goberno por saltarse este as indicacións médicas e o protocolo que debe gardar toda a contorna próxima a un infectado por coronavirus. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress