​Galicia queda sen fútbol durante dúas semanas por orde da Real Federación Galega de Fútbol

A RFGF informa que a medida afecta tanto o fútbol, en todas as súas categorías, como ao fútbol sala e ao fútbol gaélico, durante polo menos as dúas próximas semanas.  


|

A RFGF informa que a medida afecta tanto o fútbol, en todas as súas categorías, como ao fútbol sala e ao fútbol gaélico, durante polo menos as dúas próximas semanas. 


Rfgf

A RFGF suspende os partidos durante dúas semanas


Os campos de fútbol de toda Galicia quedarán baleiros e en silencio durante as dúas próximas semanas. Así o ordenou a Real Federación Galega de Fútbol nun comunicado onde establece que a medida se fará efectiva a partir de mañá e estará vixente os próximos 15 días de competición.

.


Desta forma, todas as competicións que se atopan baixo o amparo da RFGF quedan suspendidas ata nova orde. Esta medida afecta o fútbol, desde a Terceira División ata a Segunda Galega, pasando polo fútbol feminino e as divisións de categorías inferiores, así como ao fútbol sala e o fútbol gaélico, que tamén quedan sen poder disputar os encontros das dúas próximas xornadas.  



Identica medida ha resolvido esta mañá a Real Federación Española de Fútbol, que decidiu a cancelación das dúas próximas xornadas de Segunda División B, fútbol sala e fútbol feminino. Desta forma, só mantéñense a celebración dos partido de fútbol de Primeira e Segunda División, aínda que nas próximas horas esta situación podería cambiar.



“Ante a situación de urxencia que está a xerar a expansión do Coronavirus  COVID-19 e logo dos comunicados do CSD e o emitido esta mañá pola Real Federación Española de Fútbol no que decreta a suspensión da competición de fútbol e fútbol sala de ámbito estatal durante as dúas próximas semanas, recomendando ademais a mesma medida a todas as federacións territoriais, a Real Federación Galega de Fútbol informa que toda a competición autonómica de fútbol, fútbol sala e fútbol  gaélico tamén queda supendida durante ese mesmo prazo de dúas semanas”, xustifican desde a Federación.


Do mesmo xeito, a RFGF argumenta que a intención non é crear alarma, senón que se trata dunha situación extraordinaria que require dunha decisión extraordinaria. “Dentro da nosa capacidade pretendemos con esta medida garantir a saúde e seguridade dos nosos deportistas e de todas as persoas que dun ou outro modo move cada partido de fútbol, fútbol sala e gaélico que se disputa en Galicia”, aclara, antes de agregar que a medida busca “manter a homoxeneidade da competición estatal e autonómica” dentro da comunidade.


Doutra banda, empraza aos clubs para ser informados de calquera cambio que se poida chegar a producir e advirte que se mantén en contacto permanente co resto de autoridades deportivas e sanitarias. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE