As galegas que fagan folga feminista o #8M, cubertas pola convocatoria de 3 pequenos sindicatos

Ningún dos tres sindicatos grandes convocaron por agora paros para o Día da Muller Traballadora. Con todo, tres centrais máis pequenas rexistran oficialmente a convocatoria para ese domingo, polo que as asalariadas que lles toque traballar ese festivo pero secuden o paro estarán a salvo de represalias. A Xunta xa decretou os seus servizos mínimos.


|

Ningún dos tres sindicatos grandes convocaron por agora paros para o Día da Muller Traballadora. Con todo, tres centrais máis pequenas rexistran oficialmente a convocatoria para ese domingo, polo que as asalariadas que lles toque traballar ese festivo pero secuden o paro estarán a salvo de represalias. A Xunta xa decretou os seus servizos mínimos.


Foto mani coruña feminista2

Manifestación feminista na Coruña


O Goberno galego ha aprobado na súa reunión semanal o decreto que dita as normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o vindeiro domingo 8 de marzo.


As tres centrais sindicais que convocaron a folga son a Central Unitaria de Traballadores (CUT), o Sindicato Labrego Galego e a Confederación Nacional do Traballo Vigo (CNT Vigo).


A PRENSA ESTÁ CONVOCADA PARA UN DÍA ANTES

A Xunta concreta que, segundo a convocatoria, iniciarase ás 00,00 horas do 8 de marzo e finaliza ás 24,00 horas do mesmo día. Especificamente para as traballadoras do sector da prensa escrita a folga iniciarase ás 00,00 horas do 7 de marzo, e finalizará ás 24,00 horas dese mesmo día.


A CNT Vigo convoca ao ámbito territorial do municipio e a súa comarca naquelas quendas que empecen antes da 00,00 horas e a folga terá lugar nas 24 horas seguintes.


FOLGA EN XORNADA DOMINICAL

Mediante este decreto recóllense os servizos esenciais no ámbito de Presidencia, na Vicepresidencia, Medio Ambiente, a Consellería de Infraestruturas, na Consellería de Economía, na Consellería de Educación, na Conselleríad e Cultura, na Consellería de Sanidade, na Consellería de Política Social, na Consellería do Medio Rural e na Consellería do Mar.

A Xunta subliña que, debido a que a folga se desenvolverá nun domingo, este aspecto foi tido en conta para os efectos de fixar os servizos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE