Catro anos de cárcere para os empresarios de Industrias Caamaño por ocultar bens para que non cobrasen os acredores
A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a catro anos de cárcere, como autores dun delito de estafa procesual e insolvencia punible, a un empresario coruñés e a dous dos seus fillos, que actuaban como socios e administradores de diferentes sociais.
Os traballadores desta carpintería metálica coruñesa sufriron atrasos e falta de pagamentos dos seus salarios. Algúns socios e provedores tamén denunciaron. Mediante unha maraña de empresas ocultaron os bens familiares para poñelos a salvo das súas obrigacións legais.
Unha pasada protesta en 2012 de traballadores de Industrias Caamaño fronte aos xulgados
Fíxoo, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), por idear un plan e manobrar co obxectivo de impedir que dous acredores cobrasen 250.974 euros. O tribunal tamén sentenciou a outro dos fillos do investigado a dous anos de prisión como autor dun delito de insolvencia punible.
Os acusados, segundo consta na sentenza, "decidiron actuar sobre os seus bens para situalos fose do alcance dos acredores e evitar a cobranza de cantidades recoñecidas xudicialmente" tras un fallo xudicial de 2010.
"A prolija e non impugnada documental pública e o ditame pericial poñen de relevo unhas operacións confesadas polos inculpados e concibidas para colocar os bens familiares á marxe do procedemento de execución", recalca o tribunal.
Faio en relación a uns feitos relacionados coas sociedades 'Procrayca S.L'; 'Tracerox S.L' e 'Industrias Caamaño S.L', dedicada esta última á venda e instalación de carpintería metálica.
Escribe o teu comentario