eldiario.es desembarcará pronto en Galicia
A cabacera galega prevé que os seus plans de futuro non cambien tras o cambio no formato da alianza.O desembarco de eldiario.es no país está encabezado por Gonzalo Cortizo, hoxe adxunto á dirección de Escolar.
Movemento no panorama mediático galego a pouco das eleccións autonómicas. eldiario.es , que dirixe Ignacio Escolar, anuncia o lanzamento dunha "redacción propia" no país para partir do próximo mes de marzo.
Ignacio Escolar e Gonzalo Cortizo nunha foto de @seranpeca
A cabeceira estatal levaba xa anos con presenza indirecta na autonomía, mediante un acordo con outro diario dixital, de ámbito galego, Praza Pública. Os dous medios de comunicación afirmaron que seguirán colaborando, aínda que as súas redaccións serán agora autónomas e independentes. A cabeceira galega prevé que os seus plans de futuro non cambien tras o cambio no formato da alianza.
O desembarco de eldiario.es no país está encabezado por Gonzalo Cortizo, hoxe adxunto á dirección de Escolar. Cortizo é galego, leva 16 anos traballando en Madrid e pasou antes pola Cadea Ser -onde foi xefe de informativos de Galicia e xefe de Nacional-, Onda Cero e AGN.
Escribe o teu comentario