​Fernando Vázquez busca dar coa tecla tamén no mercado de fichaxes

|

A baixa de Somma, un dos alicerces da zaga, trastorna os plans do Deportivo da Coruña, que terá que acudir ao mercado para suplir ao italiano.


SOMMA

Somma pérdese o que resta de campaña


Cando Fernando Vázquez encarou o túnel de vestiarios a pasada xornada sabía que nin o empate ante o Xirona nin o fin do refacho triunfal de vitorias do Deportivo da Coruña eran a mala noticia que deixaba ese partido. Somma, que abandonou o campo no primeiro tempo entre un mar de bágoas, estará de baixa o que resta de curso, algo que o técnico branquiazul xa intuíu en canto o italiano tirouse no campo, incapaz de abandonar a cancha polo seu propio pé.


O tempo estimado para a recuperación do defensor transalpino supera os cinco meses por unha lesión que no seu caso xa parece recorrente –a terceira na súa carreira -, polo que o Deportivo pode botar man da mesma clausula á que recorreu o Barcelona para fichar a Braithwaite esta semana: depositar a cláusula dun xogador de Primeira ou Segunda, alcanzar un acordo para traer cedido a un xogador que xogue en España ou fichar a un xogador sen equipo. Nas oficinas herculinas teñen claro que acudirán ao mercado, pero con menos de 20 partidos no calendario e coa delicada situación do Dépor na táboa será difícil atopar a un xogador que encaixe no rol que busca o técnico.


CAMBIO DE SISTEMA?

Cunha defensa de tres centrais como selo deste novo Dépor, a baixa de Somma podería atrasar a Peru, xa que Sadick parece facerse definitivamente coa titularidade. De ser así, polo que podería optar Vázquez é por reforzar o centro do campo, algo bastante improbable, sobre todo porque Peru é o gran comodín o equipo e porque conta con xogadores para esa demarcación. Outra posibilidade é cambiar o esquema a catro traseiros, unha alternativa que parece non convencer ao preparador, que atopou o equilibrio nun sistema con tres centrais e dous carrileros.




Os NOMES QUE SOAN

Por isto, case con total seguridade na Coruña miran a un recambio de Somma. A falta da autorización da liga, xa empezan a soar nomes para reforzar o equipo. O primeiro de todos eles é Óscar Duarte, do Levante, que non goza de regularidade no cadro granota e responde o perfil que busca Vázquez.


Con todo, o gran tapado podería ser Sidnei. O central brasileiro, ex do Deportivo, non conta para Rubi. Non xoga desde o 23 de novembro e as lesións apartárono dunha titularidade que se reparten Mandi, Feddal e Bartra. Soou para suplir a Garay, pero o interese valencianista parece arrefriarse. Se o Dépor xoga ben as súas cartas, podería ter opcións para lograr a cesión dun home que xa coñece a casa. Haberá que esperar á decisión da liga e o ditame de Fernando Vázquez que, como sempre, é o que ten a última palabra. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress