Normas de etiqueta e protocolo na última carta descuberta de Rosalía de Castro

A misiva, que publica a revista Follas Novas, fala da indumentaria apropiada para ir ao teatro e amplía relacións entre ambos os matrimonios

|

A misiva, que publica a revista Follas Novas, fala da indumentaria apropiada para ir ao teatro e amplía relacións entre ambos os matrimonios.


Rosalia



A Fundación Rosalía de Castro presentará este venres no Pazo de Lestrobe o número 4 da revista Follas Novas, na que se publica unha carta inédita de Rosalía de Castro dirixida José Villaamil e Castro, amigo e colaborador de Manuel Murguía.



A misiva foi descuberta por Pablo Carou Barros, que asina un dos artigos da revista, e foi estudada por Anxo Angueira, que dedica outro texto á súa análise. Aínda que carece de lugar e data, os expertos consideran que a carta pode situarse entre 1865 e 1866 en Santiago de Compostela.

Nela, Rosalía contesta a Villaamil en ausencia de Murguía en relación ao tema do uso do chapeu ou da mantilla no teatro e engade aclaracións como que non adoitaba acudir nese momento a este tipo de espectáculos, o que serve a Angueira para analizar a relevancia do teatro en Compostela neses anos.

Segundo o experto, permite determinar certas cuestións, como a "autonomía" de Rosalía fronte a Murguía e a súa intención de actuar como intermediaria das relacións entre ambos os matrimonios.

A carta súmase ás 16 coñecidas da autora e enriquece un epistolario "que debeu ser, sen dúbida, moi rico e extenso", apuntan desde a Fundación.


Carta inédita de Rosalía de Castro a José Villaamil e Castro.

Carta da poeta Rosalía de Castro 

"O repertorio de cartas que conservamos é moi escaso, así que calquera cousa nova é importante. A aparición deste escrito demostra que hai un caudal de correspondencia aínda por descubrir, aínda que moita dela é seguramente xa irrecuperable", recoñece o presidente da Fundación, Anxo Angueira.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE