Luís Villares abandona a política e En Marea queda sen cabeza visible a pouco das eleccións
De líderar a segunda forza máis votada e poder encabezar o cambio en Galicia a abandonar unha confluencia na que só quedan algunhas mareas locais. Así de bruscos poden ser os cambios en só catro anos de vida política. Ao final desta lexislatura, o xuíz Luís Villares abandona En Marea. Confirmouno hoxe lanzando un emocionado chamamento a recuperar unidade na rota confluencia.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, anunciou o seu adeus á política para regresar ao seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), cargo que abandonou en 2016 para ser candidato do partido instrumental á Presidencia da Xunta.
Catro anos despois e en pleno debate de como concorrerá ás eleccións o espazo político antes agrupado ao redor de En Marea, Villares informou de que non presentará candidatura ao proceso de primarias da súa organización, que aínda non definiu se estará na cita coas urnas do próximo 5 de abril.
Arroupado polos membros da dirección de En Marea e visiblemente emocionado, o maxistrado en excedencia fixo un chamamento a que exista unha candidatura unitaria do espazo político, á vez que aproveitou para cargar contra as "cúpulas" de Podemos, EU e Anova, ás que culpa de antepoñer os seus intereses aos da cidadanía.
Visto os paupérrimos resultados de En Marea nas antepenúltimas xerais, cando xa se consumara a ruptura, e a renuncia do único dirixente que o gran público podía coñecer, cada vez gaña máis peso a posibilidade de que a confluencia non se presente ás eleccións galegas.
Escribe o teu comentario