O Parlamento, a pesar de estar disolto, pagará aos deputados polo menos 2.067€ ao mes ata as eleccións de abril
Todas as forzas políticas aparcan as súas diferenzas para acordar este salario base ata o 5 de abril, mesmo para os que non figuran na Deputación Permanente
O Parlamento de Galicia pagará aos deputados que deixan de selo --é dicir, os que non integran como titulares nin suplentes a Deputación Permanente-- un salario basee de 2.067 euros ata o día en que se celebran as eleccións autonómicas, o 5 de abril.
FOntes parlamentarias consultadas por Europa Press explicaron que se trata do acordo levado á Mesa da Deputación Permanente da Cámara este venres e que previamente todos os grupos, e que se adopta como unha solución ante o final abrupto da lexislatura, máis de sete meses antes do previsto.
O acordo foi abordado por todos os grupos, como así confirmaron a Europa Press fontes consultadas, xa que só PP e PSOE teñen presenza na Mesa da Deputación Permanente. As mesmas fontes consultadas explicaron que se tratou de buscar un acordo intermedio, tras estudar o que se fai noutras cámaras.
A retribución, segundo a información á que accedeu Europa Press, ascende a 2.067 euros como salario basee para manter a cotización dos deputados que xa deixaron de selo, concretamente, 33 parlamentarios, unha retribución que non é compatible con outros ingresos se os houbese.
A Deputación Permanente --órgano que substitúe ao pleno en períodos non hábiles--, entre membros titulares e suplentes, conta con 42 deputados dos grupos do PP, PSOE, Común dA Esquerda, BNG e Mixto.
Escribe o teu comentario