Dianteiro do Santiago Futsal renuncia a un gol para que atendan a un rival lesionado (Vídeo)

É unha decisión que tes que tomar en décimas de segundo e é algo que se inculca, tamén na base do Lumieira" declarou a posteriori. 


|

Unha gran ovación da afección e do equipo rival. Isto é o que apañou Adri Pirata a cambio de tirar o balón fóra cando tiña á súa disposición un gol cantado.


O dianteiro do Santiago Futsal presionaba a un xogador do Manzanares, Álex Velasco. De súpeto, este derrubouse ao chan proferindo un berro. Adrián Rodríguez Mosteirín quedou só diante do porteiro e cun compañeiro liberado, disposto a marcar a porta baleira. No canto de xutar ou pasar ao seu compañeiro, Pirata lanzou a pelota fóra.


O porteiro rival agradece o xesto do delatero do Futsal Pirata

O porteiro rival agradece a Pirata o seu xesto


Dáse a circunstancia que Velasco xogara antes para o Santiago Futsal. Con todo, Adrián Rodríguez explica que non lle deu tempo a pensar niso. Como se ve no vídeo da Liga Nacional de Fútbol Sala, a súa resposta foi inmediata.


O Santiago Futsal gañaba 0-3 e acabou gañando 1-3. Moito máis gañou o xogador lucense. O vídeo do seu xesto deportivo suma nun día máis de 10.000 visitas. O mozo asegura en El Correo Gallego, ademais, que recibiu moitas mensaxes de felicitación, mesmo de países distantes como Irán ou Italia. 


"Este é un club no que priman certos valores, prestóuseme a ocasión e saíume facer iso. É unha decisión que tes que tomar en décimas de segundo e é algo que se inculca, tamén na base do Lumieira" declarou a posteriori. 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE