Feijóo viaxa a Sudamérica dous días, onde se reunirá co presidente electo de Uruguai Luís Lacalle
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inicia este venres unha breve viaxe de dous días a Uruguai. Reunirase co dereitista Luís Lacalle, presidente electo uruguaio; pero nesta ocasión non irá a Arxentina, onde leva meses gobernando o esquerdista Alberto Fernández.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inicia este venres unha breve viaxe de dous días a Uruguai. Reunirase co dereitista Luís Lacalle, presidente electo uruguaio; pero nesta ocasión non irá a Arxentina, onde leva meses gobernando o esquerdista Alberto Fernández.
Luís Lacalle nun mitin nunha imaxe de Pura Branca para a wikimedia | Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Á primeira hora da tarde, hora galega, reunirase co presidente saínte de Uruguai, Tabaré Vázquez, e co presidente electo, Luís Lacalle Pou. O político do Partido Nacional, de dereitas, tomará posesión o próximo 1 de marzo, tras gañar unhas rifadas eleccións presidenciais o ano pasado.
ASISTE Á FIRMA DA VENDA DUN SANATORIO GALEGO A UNHA CLÍNICA
Despois, e tamén en Montevideo, Feijóo visitará o sanatorio social de Casa de Galicia. Alí asinará o acordo de compra entre esta institución da emigración e a clínica oncolóxica Leborgne. Finalmente, o mandatario galego pechará unha intensa xornada participando nun acto coa colectividade no Centro Galego de Montevideo.
A pesar do longo da viaxe, Feijóo non cruzará esta vez o Río da Prata para visitar á gran comunidade galega en Arxentina, a maior da diáspora. O sábado ten algún acto máis en Uruguai, aínda sen confirmar aínda, antes de regresar a Europa.
Así que haberá que esperar pola primeira reunión entre o esquerdista Alberto Fernández, que leva meses como presidente de Argentina, e o mandatario galego.
Escribe o teu comentario