Feijóo esquiva descartar un pacto cun VOX “aliado das mareas, PSOE e BNG”

Aínda que onte o deputado Alberto Pazos Couñago declarou que "o PPdeG nunca pactará contra os dereitos civís, os dereitos das mulleres e os intereses de Galicia” e que “cando o PP di nunca, é nunca", hoxe o presidente Alberto Núñez Feijóo, interpelado por Galiciapress, evitou subscribir as palabras do deputado.


|

O deputado Alberto Pazos Couñago prometeu onte que "o PPdeG nunca pactará contra os dereitos civís, os dereitos das mulleres e os intereses de Galicia”. Interpelado pola oposición por un pacto con Vox, Couñago insistiu que “cando o PP di nunca, é nunca". Hoxe Galiciapress preguntoulle ao presidente do seu partido se subscribía a promesa do seu subordinado. Alberto Núñez Feijóo evitou facelo. Preferiu volver presentar aos de Abascal como aliados da esquerda.


Así levou o debate a se as Mareas, o BNG, Podemos e o PSOE pactarían co partido ultranacionalista español para cumprir cun fin común que, segundo o presidente autonómico, perseguen todo eles: “Botar a Feijóo da Xunta de Galicia”.



Feijoo preside o Consello de la Xunta

Feijóo durante o Consello de  a Xunta


"O PPdeG nunca pactará contra os dereitos civís, os dereitos das mulleres e os intereses de Galicia. E cando o PP di nunca, é nunca". Rotundo e decidido mostrouse onte o parlamentario popular Alberto Pazos Couñago, respondendo as cuestións que lle presentaba o BNG


Sen a contudencia do seu compañeiro no hemiciclo compareceu hoxe ante os medios o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que lonxe de aclarar se pactaría ou non con VOX en caso de necesitalo –neste momento algunhas enquisas sitúan ao partido de ultradereita como a chave para manter a Feijóo á fronte do Goberno de Galicia- insistiu en que o pacto do PPdeG “é moi coñecido porque é co que con imos ás urnas: é o pacto cos galegos directamente”.


“Imos á fonte directa de auga limpa que son os votos dos galegos que saen das urnas”, repetiu Feijóo, que tamén se mostrou contrariado por que esta cuestión salga agora a debate. “Este é un asunto constante e continuo no que se trata sempre de buscar distintos globos sondas para non falar dos distintos pactos que cada un subscribe con outros partidos políticos”, reprendeu, en clara alusión aos pactos dos socialistas noutras comunidades, especialmente con EH Bildu.


Nesa liña, o presidente autonómico considera que este debate, ao que tachou de “artificial”, perseguirá aos populares galegos “nos próximos meses ou nos próximos semestres” con motivo da proximidade das próximas autonómicas en Galicia, que aínda non teñen data e sobre as que aínda non manifestou se finalmente será ou non candidato.


 “O OBXECTIVO É BOTAR A FEIJÓO”

Doutra banda, aínda que o líder dos populares resistiuse a subscribir as palabras do seu compañeiro no Parlamento de Galicia, Feijóo aproveito para poñer de manifesto un elemento que une a VOX “coas Mareas, con Podemos, co Partido Socialista e co BNG”, e non é outro que “o obxectivo de botar a Feijóo da Xunta”.


“É o obxectivo máis explícito e máis claro de VOX, dito ademais polo número dous dese partido”, lembrou Feijóo, que non dubidou en declarar que nese sentido o partido dirixido por Santiago Abascal “é moito máis aliado das Mareas, de Podemos, do Partido Socialista e do BNG que do PP”.


Por isto, o rexedor galego emprazou a facer esa mesma pregunta ao resto de partidos sobre se “van pactar ou non con VOX” e volveu facer fincapé en que o seu obxectivo “é que os galegos nos digan quen ten que ser o próximo presidente da Xunta e que partido queren que goberne Galicia con estabilidade”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE