Vixiantes de seguridade denuncian"irregularidades" nos hospitais de Verín e Valdeorras
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) remitiu un escrito ao Servizo Galego de Saúde pedindo que se emenden "varias irregularidades e incumprimentos" da Lei de Contratos do Sector Público na licitación do servizo de seguridade para os hospitais de Verín e Valdeorras, en Ourense.
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO), o principal sindicato do sector, remitiu un escrito ao Servizo Galego de Saúde pedindo que se emenden "varias irregularidades e incumprimentos" da Lei de Contratos do Sector Público na licitación do servizo de seguridade para os hospitais de Verín e Valdeorras, en Ourense.
Hospital de Verín
En concreto, segundo o sindicato, unha das cuestións "máis graves" é o "exceso de puntuación" que se lle outorga ao prezo máis baixo, de 65 sobre 100, "mentres que a lei só permite a asignación de 49 puntos sobre 100" para que prime "a calidade do servizo sobre a valoración económica".
USO subliñou que esta decisión, na que "prevalece a oferta máis barata", "favorece ás 'empresas piratas' do sector da seguridade privada", que "abaratan os prezos nas ofertas á conta dos dereitos laborais e condicións salariais dos seus traballadores".
Así mesmo, o sindicato denunciou que, "debido ao tipo de licitacións 'baixo custo'", os traballadores adscritos a estes servizos "levan meses sen percibir os seus salarios da anterior adxudicataria"
Escribe o teu comentario