Acusado de fuxir a Panamá o director dunha construtora, Nexia, deixando falta de pagamentos a máis de trinta empresas

O portavoz de Cidadáns en Lalín, Alberto Senande, esixiu este mércores ao Concello que "de asesoramento" aos posibles afectados no municipio polo buraco da empresa Nexia, cuxo director xeneral fuxiu presuntamente a Panamá hai unhas semanas deixando débedas millonarias.

|

Hai ducias de empresas e centos de empregados que poden pasar serios problemas por mor da suposta fuxida. Cidadáns en Lalín pide que as administracións tomen cartas no asunto.


Camións de Nexia Infaestructuras



O portavoz de Cidadáns en Lalín, Alberto Senande, esixiu este mércores ao Concello que "de asesoramento" aos posibles afectados no municipio polo buraco da empresa Nexia, cuxo director xeneral fuxiu presuntamente a Panamá hai unhas semanas deixando débedas millonarias.


O portavoz de Cidadáns en Lalín, Alberto Senande.

O responsable local de Cidadáns reclamou que, no caso de que haxa falta de pagamentos a autónomos, subcontratas ou contratas desta empresa en Lalín, o consistorio debe "facilitar asesoramento" para presentar as reclamacións.

Senande lembrou que "o estalido de Nexia" deixou unha débeda ao descuberto de 8,5 millóns de euros que, advertiu, poderían afectar a autónomos e empresas lalinenses.

"Pregúntolle ao alcalde e ao exalcalde se se van a interesar polas posibles débedas que esta empresa podería deixar en Lalín. Preguntamos se, das obras realizadas no Concello de Lalín pola devandita empresa, queda algunha partida por pagar, de que importe, e se as penalizacións por atraso de obras na Wenceslao Calvo Garra foron xa liquidadas", subliñou Alberto Senande.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE