Febreiro, mes de runners, arrinca esta fin de semana coa 'Carballo Trail Race' 2020
O segundo mes do ano en Galicia ten algunhas das citas ineludibles para corredores de dentro e fóra da comunidade, coa X Carreira do Cocido de Lalín ou a V Carreira do Entroido de Trazo como notas máis destacadas.
O segundo mes do ano en Galicia ten algunhas das citas ineludibles para corredores de dentro e fóra da comunidade, coa X Carreira do Cocido de Lalín ou a V Carreira do Entroido de Trazo como notas máis destacadas.
Corredores da Carballo Trail Race | Foto: Facebook Carballo Trail Race
Contra vento e marea. Así ven algúns deportistas galegos, afeccionados ou profesionais, cando o frío e a choiva chegan a Galicia. A adrenalina e as ganas de non perder o ritmo animan a moitos a desafiar aos elementos e botar unhas carreiras baixo a choiva. E ben que fan, porque febreiro promete ser unha das follas do calendario onde os corredores teñen a maioría dos días marcados en vermello.
A 'tempada de running', apoiada pola Federación Galega de Atletísmo, comeza esta fin de semana ao grande coa 'Carballo Trail Race 2020', que a día de hoxe conta xa con 169 rexistrados no seu percorrido curto (11km) e 76 na súa distancia máis longa (30 km). Á cita carballesa precederaa a X Edición da 'Carreira do cocido', en Lalín. Entre cunca e cunca os máis atrevidos abrirán o apetito cuns trotes, que non virán mal a aqueles que perdan o norte comendo as especialidades da localidade.
A fin de semana seguinte toca elixir a que cita acudir, xa que o domingo 16 de febreiro coinciden a 'VIII Carreira por Parella no Barco de Valdeorras', a 'XII Media Maratón da Coruña' e o 'XLIII Trofeo de Campo a través - San Miguel de Oia', en Vigo, que conta con categorías que van desde prebenjamines ata o 8 km dos sénior. Só un día antes, o sábado 15 de febreiro, Padrón celebrará a XVIII Edición da súa carreira de 10 km.
Para pechar o mes, o día 22 celébrase en Trazo a 'Carreira do Entroido' na súa V Edición. As máscaras e os disfraces marcan esta particular cita, onde nalgunhas categorías é de obrigado cumprimento ir disfrazado. Para pechar febreiro, a 'II Trail e Andaina Ribeiras do Tambre' en Ames, cunha paisaxe privilexiada tanto para os corredores como para os que se animen coa camiñada.
DATAS E LIGAZÓNS ÁS PROBAS
02/02/2020 CARBALLO TRAIL RACE 2020 (Carballo)
09/02/2020 X CARREIRA DO COCIDO 10K / 5K (Lalín)
15/02/2020 XVIII PADRÓN 10K (Padrón)
16/02/2020 VIII CARREIRA POR PARELLAS O Barco NAMORA (O Barco de Valdeorras)
16/02/2020 XII MEDIO MARATÓN CORUÑA 21 (A Coruña)
22/02/2020 V CARREIRA DO ENTROIDO (Trazo)
23/02/2020 II TRAIL E ANDAINA RIBEIRAS DO TAMBRE - CONCELLO DE AMES (Ames)
Escribe o teu comentario