Unha accidente con conlisión frontal sega a vida dun home de 86 anos e deixa dous feridos en Dumbría
Un home de 86 anos de idade faleceu e outros dous resultaron feridos nun choque frontal no que se viron implicados dous coches na noite do domingo no municipio de Dumbría (A Coruña).
J.M.T.M., de 86 anos, morreu na carretara tras un choque nocturno e frontal nunha vía comarcal contra outro vehículo.
Un home de 86 anos de idade faleceu e outros dous resultaron feridos nun choque frontal no que se viron implicados dous coches na noite do domingo no municipio de Dumbría (A Coruña).
Segundo informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron que excarcerar á vítima mortal, que quedara atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.
Este sinistro produciuse sobre as 23,00 horas do domingo no punto quilométrico 80 da estrada AC-552, sentido A Coruña, ao seu paso polo termo municipal de Dumbría.
O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido a través da alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sobre as 23,00 horas deste domingo.
Tras iso, por parte do CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Cee e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Ao lugar, apuntaron a Europa Press fontes sanitarias, o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria que confirmou o falecemento no lugar do home J.M.T.M., de 86 anos.
Escribe o teu comentario