Traballadores de escolas infantís denuncian que os obrigaron a facer de "axentes de propaganda" de Feijóo
O Comité de Empresa da Consellería de Política Social de Pontevedra alerta que os profesores das escolas infantís víronse forzados a facer de "axentes electorais". Os traballadores públicos denuncian que tiveron que meter unha carta do presidente da Xunta nun sobre para cada unha das familias este Nadal. Consultada a Xunta por Galiciapress , a resposta é que a "Consellería de Política Social non vai facer declaracións respecto diso". A carta pódese consultar no interior da noticia.
O Comité de Empresa da Consellería de Política Social de Pontevedra alerta que os profesores das escolas infantís víronse forzados a facer de "axentes electorais". Os traballadores públicos denuncian que tiveron que meter unha carta do presidente da Xunta nun sobre para cada unha das familias este Nadal. Consultada a Xunta por Galiciapress a resposta é que a "Consellería de Política Social non vai facer declaracións respecto diso".
Feijóo nunha pasada visita á Galiña Azul da Estrada
FOTO GRATIS MÁIS CARTA DO PRESIDENTE
A versión remitida a través do sindicato CIG conta que este Nadal ofrecéuselles ás familias que un fotógrafo profesional tomase gratis un retrato dos seus fillos na Galiña Azul.
"O obxectivo das fotos, segundo a Consellería, era regalar ás familias unha felicitación de Nadal. E este agasallo, por suposto, non viña só, senón acompañado dunha carta do señor Feijóo para cada familia", contan desde o Comité.
Para os traballadores, estamos ante unhas "prácticas impresentables e a utilización de diñeiro público para intereses partidistas".
Tiña a carta contido político ou era unha mera felicitación do Nadal?
O certo é que, sen facer propaganda directa, a misiva de Feijóo si que mostraba unha proximidade útil no seu probable próxima carreira pola reelección.
Así o presidente aludía á súa condición de pai dun pequeno, á importancia de ter confianza nas garderías públicas e poñíase ao dispor dos proxenitores para que "me trasladedes calquera aspecto no que podamos seguir mellorando":
NON HAI RECURSOS PARA OUTRAS COUSAS MÁIS IMPORTANTES COMO CUBRIR AUSENCIAS
María Luisa Alonso González, presidenta do Comité, non entende que se gaste diñeiro público en mandar unha carta do presidente acompañando un retrato gratis do alumno cando as Galiñas Azuis teñen "eivasgraves nas instalacións, mesmo de seguridade para estudantes e traballadores" e, ademais, "non se cobre o persoal nas súas ausencias" para cadrar o orzamento a final de ano.
Escribe o teu comentario