A alcaldesa de Mos denuncia unha conspiración do PSOE contra a Cidade Deportiva do Celta
Teme que o informe estea "dirixido", pola "estratexia do PSOE" contra este municipio
A polémica operación, que conta co respaldo da Xunta e do PP, empatana tras dous informes negativos da Deputación e de Fomento, dúas administracións que controlan os socialistas
A polémica operación, que conta co respaldo da Xunta e do PP, empatana tras dous informes negativos da Deputación e de Fomento, dúas administracións que controlan os socialistas
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo (PP), criticou este martes a "falta de lealdade institucional" da Deputación Provincial de Pontevedra por "filtrar" aos medios o informe negativo sobre a modificación do Plan Xeral deste municipio, para permitir a construción da Cidade Deportiva do Real Club Celta.
Arévalo hoxe en rolda de prensa
Nunha rolda de prensa, a rexedora denunciou o "sectarismo" do goberno provincial presidido pola socialista Carmela Silva por dar a coñecer ese informe aos medios antes de que chegase seguise ao propio Concello de Mos. A ese respecto, tanto o grupo municipal do PP como o grupo provincial na Deputación presentarán mocións para pedir explicacións ao PSOE por esa "deslealdade institucional".
En todo caso, precisou que a Deputación Provincial ten que limitarse a informar sobre a afectación dun vial "obsoleto" que apenas ten uso agora, e avanzou que o goberno municipal vai pedir a transferencia da titularidade desa estrada. Se se confirma que o informe é negativo, concluíu, significará que está "dirixido" nunha "estratexia do PSOE contra Mos" e contra os intereses do Celta.
INFORME DE FOMENTO TAMÉN NEGATIVO
Por outra banda, tamén explicou que, dos informes sectoriais solicitados para seguir tramitando a modificación do PXOM, o Concello de Mos recibiu cinco, dos cales catro son favorables.
Segundo explicou, deron o visto e prace á actuación AENA AESA Aviación Civil, a subdelegación do Goberno, a Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxía da Información, e a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Mentres, o informe do Ministerio de Fomento (Dirección Xeral de Estradas) foi negativo.
Nidia Arévalo sinalou que se tomarán medidas para emendar os "matices" expostos por Estradas, pero advertiu de que o crecemento de Mos, aprobado no seu plan, non pode quedar condicionado polo proxecto dun túnel "que non sabe cando nin como" se fará.
Escribe o teu comentario