A solución para Alcoa San Cibrao, Endesa As Pontes e a central de Meirama é "urxente", lémbralle o BNG ao novo Goberno

O BNG e o Goberno central reuniranse nun prazo de 15 días nunha comisión de seguimento do acordo asinado co fin de "calendarizar" o cumprimento dos compromisos.

|

Os nacionalistas fixan as súas prioridades para facer real o acordo polo que facilitaron a investidura de Pedro Sánchez. En dúas semanas, a primeira reunión para fixar un calendario de medidas.


Diso informou este xoves en rolda de prensa a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, e o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, quen avisou de que estarán "atentos" a que se cumpre co acordado.


Ana Pontón e Néstor Rego en rolda de prensa na sede do BNG


Neste sentido, Rego explica que todos os temas a tratar son "importantes", pero os dous "urxentísimos" pasan pola crise industrial galega e a necesidade dun estatuto para as empresas electrointensivas, así como unha transición enerxética para as plantas de carbón das Pontes e Cerceda.

MÁIS COMPETENCIAS PARA A AUTONOMÍA
Ademais, no prazo de tres meses debe convocarse a Comisión Mixta de Transferencias entre os executivos galego e español para avanzar no traspaso a Galicia de diferentes competencias pendentes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE