Os sorteos da ONCE deixan unha choiva de miles de euros na provincia da Coruña
Os sorteos da ONCE repartiron 70.000 euros en dúas localidades da provincia da Coruña nos sorteos celebrados a pasada fin de semana.
Os sorteos da ONCE repartiron 70.000 euros en dúas localidades da provincia da Coruña nos sorteos celebrados a pasada fin de semana.
Segundo informou a ONCE nun comunicado, o Cuponazo repartiu 50.000 euros no Polígono de Milladoiro no sorteo do do pasado venres, 3 de xaneiro, en dous boletos premiados con 25.000 euros cada un.
A vendedora da ONCE María Jesús Alonso Fuentes foi quen vendeu os cuponazos premiados na poboación coruñesa de Milladoiro, próxima a Santiago de Compostela.
Pola súa banda, o sorteo de fin de semana do domingo 5 de xaneiro deixou 20.000 euros no municipio de Arteixo, de mans do vendedor da ONCE Luciano Ferreño Ferreiro, con punto de venda no quiosco situado no nçumero 51 da Avenida Balneario.
Escribe o teu comentario