A Avogacía do Estado pide que Junqueras poida ser europarlamentario facilitando así a investidura
A institución solicita á súa vez que o tribunal pida a suspensión da inmunidade do líder de ERC ao Parlamento Europeo.
Todo parece indicar que a formación de Goberno pode ser antes de Reis. O esperado ditame da Avogacía, coñecido este luns, non debese ser xa unha barreira. Ademais, o PSOE acábase de asegurar o apoio de Bildu e do PNV.
A Avogacía do Estado pide ao Tribunal Supremo que o líder de ERC, Oriol Junqueras, recolla a súa acta de eurodeputado no Parlamento Europeo. Tras máis dunha semana de atrasos, a institución finalmente pronunciouse a favor do recurso de súplica da defensa para que Junqueras acuda á Cámara europea a recoller a súa acta.
Con todo,a institución tamén solicitou que o tribunal pida a suspensión da inmunidade do líder de ERC ao Parlamento Europeo.
Junqueras cando tomou posesión como deputado no Congreso
(SEGUIREMOS INFORMANDO)
Escribe o teu comentario