O Deportivo da Coruña confirma a Fernando Vázquez como técnico
O Deportivo da Coruña fai oficial o que era un secreto a voces: a fichaxe de Fernando Vázquez. O galego asume, por segunda vez na súa carreira, o banco branquiazul.
O Deportivo da Coruña fai oficial o que era un secreto a voces: a fichaxe de Fernando Vázquez. O galego asume, por segunda vez na súa carreira, o banco branquiazul.
A súa chegada prodúcese despois da saída de Paco Zas e a destitución de Luís César. Agora, Fernando Vidal asumirá o cargo de presidente o próximo 14 de xaneiro, cando a posesión do cargo será efectiva.
Vázquez, que xa dirixiu ao Dépor co que logrou o ascenso a Primeira División, regresa á que foi a súa casa coa esperanza de ser o salvador do cadro herculíno, sumido nunha profunda crise de resultados e xogo.
Agora, na última posición da táboa, o reto de Vázquez é lograr a reacción dun conxunto deprimido, que está obrigado a callar unha segunda volta de record para reverter a situación.
Escribe o teu comentario