Volve desaparecer a figura do Neno Jesús do Belén de Ourense

O belén instalado polo Concello de Ourense na zona da Alameda amenceu este mércores, día de Nadal, con danos en varias das súas figuras e sen a imaxe do Neno Jesús.

|

Provocan danos no belén de Ourense, do que volve desaparecer a imaxe do Neno Jesús


O belén instalado polo Concello de Ourense na zona da Alameda amenceu este mércores, día de Nadal, con danos en varias das súas figuras e sen a imaxe do Neno Jesús.

Esta é a segunda vez na que desparece o Neno Jesús deste belén, que foi achado o pasado luns coas mans cortadas tras a polémica xurdida polas figuras que o compoñen.

"Tras a Noite Boa, e a pesar de estar pegado con cola e con seguridade, os vándalos arríncano e volven roubar ao Neno Jesùs, e de paso esnaquizar outras figuras do belén reparado onte", denunciou este mércores o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome (DO), a través do seu perfil de 'Twitter'.

Tras este novo episodio, o alcalde da cidade chanceou con que se trata do nacemento do Nadal "máis atacado e con máis secuestros de España".

POLÉMICA NAS REDES
Precisamente, o nacemento instalado polo Concello de Ourense desatou a polémica polas figuras que o conforman ata o punto no que se abriu unha campaña na plataforma 'Change.org' na que se pide a súa retirada.

"O alcalde de Ourense prometeu que en Nadal instalará un Belén xigante na zona vella da cidade. Unha atracción sen precedentes para o goce dos pequenos e maiores, e que atraería a visitantes de todo o Estado e mesmo de Portugal", sinala a campaña.

Con todo, o texto publicado na plataforma sinala que o instalado pode describirse como un "pesadelo dun belenista macabro". "Figuras arrepiantes vestidas con traxes de saldo, animais que non se recoñecen, castelos feitos con caixas de electrodomésticos...", censura.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE