Alcoa San Cibrao vai camiño do ERE debido a Rede Eléctrica, acusan os traballadores

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, Cervo (Lugo), José Antonio Zan, acusou este luns a Rede Eléctrica de favorecer un posible ERE nesta planta cos prezos da luz.

|

Ou un hipotético novo goberno liquida rápido o prezo que pagan as industrias electrointensivas ou a planta de Cervo pode pechar pronto. Este é a mensaxe que lanzan os sindicatos tras a preocupante adxudicación da  poxa de intrerrumpibilidade.


Protesta de Alcoa en Lugo


O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, Cervo (Lugo), José Antonio Zan, acusou este luns a Rede Eléctrica de favorecer un posible ERE nesta planta cos prezos da luz.

Así o sinalou tras a última poxa de intrerrumpibilidade, na cal Alcoa asegurou ingresar un 90 por cento menos, o que fai "inviable" producir aluminio en España.


ERE EN CERNES

"Isto quere dicir que Rede Eléctrica vai facer os papeis do ERE a Aloca, que non vai ter nin que presentalos, simplemente presentando o resultado da poxa e ao que vai saír o ano que vén o prezo do megawatt xa nos poderían aplicar o ERE", lamenta Zan.

"Tiráronnos polo despeñadero", denuncia. "Agora eu espero que Sánchez cumpra coa súa palabra e chame a Pittsburg (sede da multinacional americana) e evite o ERE", empraza.

Ademais, alerta de que a situación da planta de San Cibrao é "máis complicada" que a que levou ao peche das de Avilés e a da Coruña.


SALVALA  É MÁIS COMPLICADO QUE ALCOA CORUÑA

"Estas empresas polo persoal que teñen (Avilés e Coruña), sobre 300 traballadores cada unha, podían funcionar como fundición e poñer despois laminadores e pasar ao aluminio verde. Nós polo tamaño da planta temos 550 traballadores, só 100 en fundición. Sería imposible dar traballo aos outros 450 nun aluminio secundario", avisa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE