César Adrio declarado por unanimidade do xurado culpable de asasinato e acoso á moza Ana Enjamio
Redacción |
Venres, 20 de Decembro de 2019, 13:26
Tras un longo xuízo en Vigo, o tribunal, con maioría de homes, alcanzou a unanimidade e considera probado que a súa ex-parella coseu a coiteladas á muller enxeñeira
O tribunal de xurado declarou por unanimidade a César Adrio como culpable do asasinato da moza enxeñeira Ana María Enjamio, ocorrido en Vigo na madrugada do 16 ao 17 de decembro de 2016.
Adrio gardou a calma durante todo o xuízo
O tribunal popular (formado por catro mulleres e cinco homes) considerou tamén ao acusado responsable dos delitos de acoso e vulneración da intimidade.
Así, considera probado que César Adrio, que mantivera unha relación coa vítima, non aceptou o fin da devandita relación e someteu á moza a unha fustrigación que durou meses.
Tamén considera probado que na noite do crime o acusado abordou de forma sorpresiva a Ana no seu portal e asestoulle unha trintena de coiteladas.
Escribe o teu comentario