(Vídeo) Así caeu unha fachada en Cangas polo temporal entre curiosos comentarios
"Caiu ben, caiu ben", valora un dos espectadores da caída dunha fachada no centro de Cangas do Morrazo onte mércores.
"Caiu ben, caiu ben", valora un dos espectadores da caída dunha fachada no centro de Cangas do Morrazo onte mércores. O grupo concentrouse porque o esborralle non foi unha sorpresa. Afortunadamente, a fachada dió algún aviso e a zona estaba valada e os móbiles listos para filmar.
O revestimiendo da fachada esborrallouse en varias fases, tras empezar a moverse a iso da 1 da tarde caeu finalmene xa de noite. Axentes da Policía, bombeiros e Protección Civil afastaron aos curiosos que se congregaron en o cruzamento de Rúa Noira coa Avenida de Ourense.
O edificio afectado non parece de ser unha construción moi antiga pero non puido aguantar os embates do temporal Elsa, que por outra banda deixou máis de 1.000 incidencias.
Escribe o teu comentario