Ampliada a alerta laranxa por choiva a varias comarcas

A Dirección Xeral de Emerxencias ampliou a alerta laranxa por choivas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense, que se suma ás xa vixentes por vento en toda a comunidade e por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra.

|

Avisos por choiva, vento e temporal costeiro este mércores.

A Dirección Xeral de Emerxencias ampliou a alerta laranxa por choivas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense, que se suma ás xa vixentes por vento en toda a comunidade e por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra.

Segundo a información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), poden superarse precipitacións acumuladas de 80 mm en 12 horas e mesmo alcanzar os 100 mm no suroeste, o oeste e o interior da Coruña, así como no oeste de Ourense e na zona de Miño e no interior de Pontevedra.

Ademais, no noroeste da Coruña, no sur e nas áreas de montaña de Ourense e nas Rías Baixas manterase a alerta amarela, podendo alcanzarse os 60 mm en 12 horas.

Ante as fortes choivas, aconséllase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, evitar pasar preto de árbores, paneis publicitarios, estadas ou obxectos que poidan desprenderse, non atravesar zonas asolagadas, non aparcar nas proximidades de ríos e non utilizar vehículos lixeiros ou de pouca estabilidade, como bicicletas ou ciclomotores.

A Xunta mantén tamén activada a alerta laranxa por vento na provincia da Coruña, a Mariña lucense, o noroeste de Ourense e as Rías Baixas, por refachos que poden superar os 100 quilómetros por hora. Do mesmo xeito, no mar continúa activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra, con ondas de ata seis metros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE