Necesítase sangue de tres tipos para os hospitais galegos

|

O nadal é  unha época de accidentes de tráfico, que disparan a demanda de tranfusiones, e de desprazamentos, que rebaixa o número de doazóns


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) convidou aos cidadáns para participar na campaña 'Nadal 2019' e, deste xeito, "sumarse ao seu equipo", tal e como reza o lema desta iniciativa.


Alitacomicsdonacionsangre


Segundo informou a entidade nun comunicado, nestes momentos é necesario incrementar o volume de doazóns dos tipos A Negativo, A Positivo e Cero Negativo.


ÉPOCA DE ACCIDENTES

Os períodos vacacionais, como o Nadal e as pontes festivas, lembraron, necesitan un reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns, pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos nos hospitais. Diariamente son necesarias entre 400 e 500 doazóns para garantir a cobertura.

As dez unidades móbiles de Ados visitarán ata o próximo 21 de decembro a preto de medio centenar de concellos galegos para conseguir a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos. Ademais, tamén hai a posibilidade de doar nos puntos fixos existentes nas sete grandes cidades galegas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress