Alerta laranxa na costa e amarela en gran parte do interior por un novo temporal
A posibilidade de fortes precipitacións durante 12 horas, a partir da tarde do xoves, provoca a alerta en boa parte das comarcas da Coruña, Pontevedra e Lugo; mentres a costa estará en alerta laranxa todo o xoves e o venres; prevé Meteogalicia.
A comunidade galega rexistrará este xoves unha xornada tormentosa, na que xa se activou a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral e por choivas no interior da provincia de Pontevedra.
Mapa de alertas de Meteogalicia para o xoves
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a alerta por choivas afectará a partir do mediodía e espéranse precipitacións acumuladas de 80 mm en 12 horas, no caso do interior pontevedrés.
Doutra banda, a tormenta costeira iniciarase a partir da madrugada na Coruña e Lugo, e irase estendendo á provincia de Pontevedra.
Espérase mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros, que poderían ser maiores a partir do mediodía no oeste e noroeste da Coruña e Lugo. Na Mariña Lucense, virá acompañada de vento do oeste de forza 8.
RECOMENDACIÓNS
A Dirección Xeral de Emerxencias recomenda afastarse da liña de costa, das praias e paseos marítimos ante eventuais golpes do mar, para evitar arrastres, e aconséllase a suspensión de actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas, entre outras.
Escribe o teu comentario