Curas e Gardas Civís a fartar por unha boa causa
O partido benéfico entre a benemérita e representantes do clero celébrase un ano máis no Estadio da Ran de Cuntis, co fin de recadar diñeiro para Cáritas.
O partido benéfico entre a benemérita e representantes do clero celébrase un ano máis no Estadio da Ran de Cuntis, co fin de recadar diñeiro para Cáritas.
Presentación do encontro
Tricornios e alzacuellos concéntranse no círculo central do Estadio da Ran para baterse en duelo, pero por unha boa causa. O partido entre curas e gardas civís da localidade termal pontevedresa converteuse nun dos reclamos anuais nestas datas, ao que acoden curiosos e xenerosos por igual, xa que esta pachanga ten un transfondo solidario.
Por tres euros que irán destinados a Cáritas os asistentes poderán axudar a moitas persoas este nadal e, con sorte, ver un puñado de goles, tónica habitual nesta clase de partidos onde a falta de Messis e Ronaldos os dous equipos pelexan por dar un bo espectáculo. Ademais, un autocar achegará ao público ao estadio polo módico prezo de un euro ou un quilo de comida non perecedoira.
O ano pasado o encontro deixou un beneficio superior aos 2.000 euros, pero nesta edición nin uns nin outros se poñen teito e animan a todos os veciños a participar nun choque onde o resultado é o de menos.
Participantes da pasada edición | Foto: http://www.benemeritaaldia.org/
O espectáculo está garantido nun partido que seguro non vai ser un atraco, xa que ningún colexiado atreveríase ante a Garda Civil e co risco engadido de sufrir a condenación eterna. Iso si: que o público non espere ver moitos caños...que os de negro xa xogan con sotana.
Escribe o teu comentario