A Fiscalía investiga xa se o peche do paritorio de Verín suponde algún delito

A Fiscalía Superior de Galicia remitiu a Ourense a investigación pola decisión da Xunta de pechar o paritorio de Verín, por mor dunha denuncia presentada pola asociación O Defensor do Paciente.

|

Unha organización estatal, o Defensor do Paciente, denunciou o caso ante a Fiscalía Superior de Galicia que, tras analizar a demanda, remítea aos seus homólogos ourensáns.


A Fiscalía Superior de Galicia remitiu a Ourense a investigación pola decisión da Xunta de pechar o paritorio de Verín, por mor dunha denuncia presentada pola asociación O Defensor do Paciente.


Defensor do paciente

Flores, segunda pola dereita nunha pasada reunión no Ministerio


A representante desta entidade, Carmen Flores, presentou denuncia ante a Fiscalía pola decisión do Goberno galego de trasladar ás embarazadas 100 quilómetros de distancia, obrigándoas a asumir "un risco para a súa integridade física así como a do bebé".

O escrito do fiscal Fernando Suanzes representa un trámite no proceso, no que traslada á asociación que debe ser a Fiscalía Provincial de Ourense a que asuma as dilixencias que considere pertinentes sobre os feitos denunciados.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE