Problemas para a mineira de Touro; folga indefinida do transporte en Río Tinto
Á gran mina de Río Tinto, o único activo en produción de Atalaia Mining, acumúlanselle os problemas. Mentres prosegue a batalla xudicial sobre os seus permisos ambientais, agora os seus transportistas subcontratados lánzanlle unha folga indefinida.

O que pase con Río Tinto é importante para o proxecto de reapertura da mina de cobre de Touro - O Pino. Atalaia Mining é quen financia a reapertura e unha eventual paralización da histórica explotación onubense supoñería un golpe financeiro que poñería en dúbida a súa capacidade de sacar en diante o seu forte investimento en Galicia.
Comisións Obreiras xa rexistrou o aviso previo/previo aviso de folga indefinida en Transportes Mineti, a empresa que move todas as cargas e descasrgas de mineral e o mantemento dos diques. A folga comezará o día 16 de xaneiro se antes non hai acordo, informa Diario de Huelva.
REINVINDICACIONES
O principal motivo do paro son as supostas carencias de seguridade. En particular, sobre a obrigada protección legal á exposición de axentes canceríxenos. Os operarios tamén aspiran a un nuveco convenio colectivo, que os considere traballadores dunha mina e non simplemente transportistas.
Escribe o teu comentario