Aumenta a polémica polas eleccións no Colexio de Médicos da Coruña


A batalla polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña segue escalando de nivel. O ex-candidato Abel Vázquez acaba de interporner recurso de alzada ante o Consello Galego de Colexios de Médicos.


|

A batalla polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña segue escalando de nivel. O ex-candidato Abel Vázquez acaba de interporner recurso de alzada ante o Consello Galego de Colexios de Médicos.


Abel Vu00e1zquez durante un videocomunicado no que explicu00f3 aos seus compau00f1eros as razóns dos seus recursos

Abel Vázquez durante un videocomunicado no que explicou aos seus compañeiros as razóns dos seus recursos


Os argumentos do recurso, ao que tivo acceso Galiciapress, son xa coñecidos; pois Vázquez recorreu previamente, sen éxito, ante o órgano herculino. Entre outros puntos, no seu escrito entregado o día 2 de diciembrea alega que a Xunta Electoral da Coruña recortou o perídodo de votación sen ter competencia. Tamén insiste en que a Xunta dispuxo de tres urnas pechadas con cadeados e non de única urna, precintada, como dicían as bases.


En base a estas e outras razóns, impugna tanto a Xunta Electoral, como as eleccións e a proclamación da candidatura rival, oficializada polo Colexio da Coruña ao retirarse Vázquez ante o que consideraba, e considera, unha fraude.


SILENCIO DESDE O COLEXIO OFICIAL DA CORUÑA

Galiciapress púxose hoxe en contacto co Colexio Oficial de Médicos da Coruña para dar o seu punto de vista sobre o conflito. O organismo asegura que non vai facer declaracións aos medios sobre a polémica.


ACABARÁ NOS TRIBUNAIS?

De darlle a razón o órgano galego a Vázquez, o Colexio da Coruña poderíanse convocar eleccións de novo. Fontes da candidatura apuntan que segue ademais aberta a posibilidade da vía "xurídico-procesual", é dicir poñer o asunto en mans da Xustiza.


No seu día, o Colexio da Coruña criticou moi duramente as acusacións "falsas e tendenciosas" contidas no escrito de renuncia de Vázquez e daba a entender que mesmo o podería denunciar a el nos xulgados.  Inmediatamente proclamou gañador ao outro candiadto, que xa ocupaba a presidencia, o doutor Luciano Vidán. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE